Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Música electrónica, synthwave e historias sonoras no segundo «Solpores en Canido» deste verán

julio 19, 2025 @ 20:00 - 23:30

O barrio de Canido en Ferrol continúa a encher de música os seráns do verán coa segunda cita da quinta edición de Solpores en Canido, un ciclo organizado pola Asociación Veciñal de Canido en colaboración con Ferror Records e o Concello de Ferrol. A sesión será o sábado 19 de xullo no Centro Cívico de Canido, e traerá tres propostas sonoras moi distintas pero complementarias, todas con raíces na música electrónica e vocación contemporánea.

Ás 20:00 h abrirá a xornada Belish, o proxecto do músico Enric Pellicer nacido en Santiago de Compostela a comezos de 2024. Cun son electrónico intenso e coidado, e letras que falan dende a emoción máis crúa, Belish presentará temas do seu álbum debut Un grito de amor, que está a dar que falar na escena indie electrónica estatal pola súa frescura e autenticidade.

Ás 21:00 h será a quenda de French Riviera, un proxecto musical liderado por David Fermoselle. O seu directo aposta polo revival oitentero con moito estilo: sintetizadores, saxos, talkbox e baterías disco que mesturan o pasado e o presente con aroma cinematográfico e moita pista de baile. Unha experiencia sonora que nos transporta á época dourada das luces de neón.

Pechará a noite Bold G, DJ compostelá e cofundadora da festa queer Tr3mor, que leva dende 2017 enchendo salas e festivais con sesións vibrantes. Fusiona pop clásico e electrónica con total liberdade, sen encaixarse en estilos, e con moita capacidade para conectar co público e facelo bailar.

Unha proposta que confirma a aposta de Ferrol e Canido pola cultura de proximidade e a escena alternativa. Un plan perfecto para despedir o día con música feita aquí e agora, no corazón dun barrio que segue a demostrar que ten moito que dicir.

Detalles