Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Xogos, música e lendas na noite grande da Pena Molexa

junio 21 @ 18:00

O sábado 21 de xuño será o día grande das Lendas da Pena Molexa 2025, cunha programación que combina actividades para todos os públicos, gastronomía popular e unha noite chea de música e maxia. A festa comezará ás 18:00 horas coa celebración de xogos tradicionais, pensados para os máis pequenos e para compartir en familia.

A partir das 20:00 horas, será o momento da churrascada popular, acompañada dos xa emblemáticos bocatas molexos, que engaden sabor local á festa e favorecen o encontro veciñal nun ambiente distendido.

Ás 22:00 h, chegará o punto musical máis destacado da xornada co concerto de Milladoiro, unha das bandas fundamentais do folk galego, cuxos sons tradicionais acompañarán á paisaxe natural da Pena Molexa cunha carga emocional e cultural moi especial.

Xa entrada a noite, ás 00:00 h, celebrarase a representación da Lenda da Fada da Pena Molexa, unha posta en escena que mestura teatro, narración oral e simbolismo, e que recrea a historia da misteriosa moura que habita na pedra. A actividade rematará coa actuación do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón ás 00:30 h, encargados de pechar esta noite máxica ao son da música tradicional galega.

Detalles

Fecha:
junio 21
Hora:
18:00
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
,
Scroll al inicio