Cargando Eventos

« Todos los Eventos

San Xoán en Canido: lume, música e festa veciñal na “Noite das Lumeiradas”

junio 23 @ 18:30 - 23:30

O barrio de Canido prepárase para vivir unha das noites máis especiais do ano coa súa xa tradicional “Noite das Lumeiradas”, unha celebración comunitaria que enche de calor, música e sabor a véspera de San Xoán. A cita será o luns 23 de xuño no Centro Cívico de Canido, cun programa que mestura tradición, gastronomía e cultura popular.

Dende as 18:30 h comezará a merenda popular, na que haberá chourizos, liscos, espetos variados e incluso opcións vexetarianas para que ninguén quede sen probar algo ao gusto. Un momento perfecto para reunir á veciñanza arredor da mesa e abrir boca para o resto da noite.

Ás 20:00 h, o protagonismo será para a música co concerto do grupo BrixTa, que achegará enerxía e ritmo á festa. A continuación, ás 22:00 h, tomarán o relevo os Treboada de Canido, que poñerán o toque máis tradicional e enxebre coa súa percusión e foliada.

O punto álxido da noite chegará ás 23:00 h, co prendido da lumeirada, o símbolo por excelencia da noite máxica de San Xoán. Un lume comunitario para compartir desexos, deixar atrás o vello e recibir co mellor espírito o verán que comeza.

A “Noite das Lumeiradas” está organizada por varias entidades locais —como Artábria, a Asociación Veciñal de Canido e Muíño do Vento—, que un ano máis unen esforzos para manter viva unha festa que combina identidade, participación e celebración interxeracional.

Detalles

Fecha:
junio 23
Hora:
18:30 - 23:30
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
,
Scroll al inicio