Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Vermú literario en Praza Vella con «Insubmisión ambigua» e orgullo diverso

junio 14 @ 12:00 - 13:00

Este sábado 14 de xuño ás 12:00 horas, a Tasca da Praza Vella, en Ferrol, acolle un encontro diferente dentro da programación do Orgullo 2025: un vermú literario para falar de libros, identidades e disidencias con humor, música e moita liberdade.

O punto de partida será a presentación do libro Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade, editado por Xerais e coordinado por Ánxela Lema París e Ana M. Amigo-Ventureira, que estarán presentes no acto acompañadas por outras persoas colaboradoras da obra.

A cita forma parte das actividades organizadas por Avante LGBT+ Ferrolterra, e pretende ser moito máis ca unha presentación: será un espazo para conversar, coñecer xente, bailar e celebrar a ambigüidade en todas as súas formas —sexual, emocional ou literaria—. Unha proposta desenfadada, inclusiva e reivindicativa, aberta a todo tipo de públicos, e especialmente a quen queira saír dos marcos normativos e explorar outras maneiras de vivir e contar.

“Insubmisión ambigua” recolle voces que se sitúan máis alá da lóxica binaria e da visión única da sexualidade, abrindo un espazo de reflexión sobre a fluidez, o desexo, as etiquetas e a súa ausencia.

Un vermú para deixar atrás os prexuízos e brindar pola diversidade, coa palabra como ferramenta e a rúa como espazo de encontro.

Detalles

Fecha:
junio 14
Hora:
12:00 - 13:00
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,
Scroll al inicio