
- Este evento ha pasado.
X Andaina Costa Ártabra – XXV Andaina 50 km a pé de Ferrol
junio 14 @ 09:00 - 21:30

📍 Lugar: Saída e chegada en A Malata, Ferrol
📅 Fecha e hora: Sábado 14 de xuño de 2025, saída ás 09:00 h
🎫 Inscricións: Ata o mércores 11 de xuño por correo a marchascmf@gmail.com ou presencialmente no local do Club Montaña Ferrol (Rúa Coruña, 102, 1º dta.)
💰 Prezos:
– 25 € (non socios/non federados)
– 22 € (federados doutras entidades)
– 18 € (socios non federados)
– 15 € (socios federados)
Descrición do evento:
Ferrol acolle o sábado 14 de xuño unha cita histórica no sendeirismo galego: a X Andaina Costa Ártabra e XXV edición dos 50 quilómetros a pé, organizada polo Club Montaña Ferrol. Esta edición será a derradeira no formato de 50 km, que se reconverterá en ruta de 30 km nas próximas edicións. A saída será dende A Malata ás 09:00 h, cun percorrido de dificultade media e grande esixencia física que atravesa lugares emblemáticos como O Confurco, Covas, Esmelle, San Xurxo, Doniños, Pieiro ou Brión.
A ruta, sen cronometraxe nin clasificacións, está deseñada para completarse en 12 horas e 20 minutos cun ritmo medio máximo de 7 km/h. Conta con cinco puntos de avituallamento e ofrece a posibilidade de facer unha versión reducida de 30 km, finalizando en San Xurxo con retorno en autobús a A Malata.